25 oct. 2011

Faite oir!



    Alza a túa voz,
escoita ó teu esprito,
non deteñas os teus pasos
porque remata o camiño.

   Non busques dereitos
en terras de fala estraña.
Móvete a prol do futuro
da túa terra asoballada.

   Non máis lixo nos mares.
Non máis lume nos bosques.
Non máis mortos viventes
como gobernadores.

   ¡Esperta, álzate, loita na batalla!
Mais non ca fouce na man,
se non co poder da palabra.

1 comentario: