27 sept 2011

Son en ti

Enrédate no meu cabelo,
respira o aire do meu peito,
agota os meus recursos
e non perdas os meus pasos,
pois roubeite nun momento
daquela noite na que o tempo
fuxiu deixando o mundo quedo.

Non es ti unha sombra núa,
serea que nadas á luz da lúa?
Non es ti o rumor do vento,
lobo que choras ó firmamento?

Non, ti es o todo da nada
que me chama cada noite
cando chego á almofada.

I eu, ser de barro e fraco esprito
vendo a alma ó diaño
por comer dos teus vicios
no teu baile en min
que non ten eu sen ti.


4 comentarios:

  1. Muy bello poema. Verdadera historia de amor guardan sus versos.
    Besos.

    ResponderEliminar
  2. Por fin! Ya echaba de menos tus poemas, de hecho, el otro día te lo iba a comentar, pero se me olvidó XD

    P.D: Muy bonito ;)

    ResponderEliminar
  3. bonito poema, aunque cheguei aqui de rebote non sei como seguirei teu blog agora

    ResponderEliminar