28 feb. 2016

Tempestade

   Volveu o ruxir do vento...
volve cando me molesta, 
volve cando me distrae.
Ruxe que ruxe o vento,
ruxe de saudade.

   Alumea un lóstrego no ceo...
lóstrego na miña sombra,
lóstrego na miña calma.
Alumea o horizonte,
alumea e manca.

   Nun intre tornou trono.
Trono no meu oído,
trono no meu silencio.
Trona ao aire
que ruxe ao vento
que abraza ao lóstrego
fendido no meu peito.