17 nov. 2012

  Pasan as horas no reloxo,
móvese a lúa no ceo,
mais aínda non chegou o sono
ós seus ollos abertos.

  E a mente non para
aínda que é noite pecha,
e revólvese o corpo
na cama xa desfeita.

  Quéixaselle o bandullo,
búlenlle as pernas,
bota para atrás as sabas,
xa non atura queda.

  E sae o sol polo leste
mais ela non o espera,
pois aínda ten ideas
enredándolle na cabeza.